Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Journal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Journal. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de septiembre de 2013

Caractérisques de l´établissement et les objectifs educatifs

No día de hoxe adicámonos a estudar sobre as principais características dun centro educativo e os obxectivos educativos, por qué se marcan, para qué nos serven...

Existen dous tipos de centros educativos principalmente:

  • Públicos:  Seguen as pautas do Real Decreto da Educación, son gratuitos para as familias, admiten ao persoal docente a través da oposición
  • Privados:  Seguen as súas propias directrices dependendo da ideoloxía que proclamen, para que un alumno sexa admitido deberá pagar unha cantidade trimestral e o persoal docente non accede a  través da oposición. Existen dous tipos de centros privados: Con contrato e sen contrato. A grande maioría das institucións privadas son un negocio e non un servizo educativo
Dependendo do país haberá unha tradición pedagóxica diferente que marca a adquisición das linguas. Existen dúas que a súa vez van ligadas á forma de interacción do mestre e o alumnado:

  • Gramatical: Normalmente as linguas apréndense a través de taboleiros. Dánlle moita importanciaá traducción, o ensino da gramática é prioritaria e non se lle dá moita importancia á oralidade. Normalmente este tipo de pedagoxía vai ligada a unha sumisión do alumnado e a unha educación centrada na iniciativa  e mayor participación do mestre. 
  • Comunicativa: A oralidade e a comunicación considéranse importantes para a adquisición dunha lingua. Adoita ser un tipo de tradición pedagóxica que vai ligada a participación activa do alumnado (descubrindo, debatindo, observando...) e onde o mestre é un guía nesta senda da aprendizaxe
REFLEXIÓN:
Pareceume importante esta última parte do temario xa que considero que a participación activa do alumnado é a mellor forma de aprender. O neno/a debe aprender a través das súas propias experiencias e dos seus erros e o mestre debe ser un guía na súa aprendizaxe axudándolle a compreder mellor o mundo que lle rodea.
Con respecto á aprendizaxe dunha lingua, penso que o mellor xeito de aprendela é a través da lingua oral, a gramatica pode axudar a comprender mellor o que se esta a aprender pero non é tan eficaz.

A seguinte e última parte do temario falamos sobre a importancia dos obxectivos.
Os obxectivos son establecidos polo docente, o centro e a administración pública. Son esenciais para facilitala evaluación, para probar a eficacia da metodoloxía aplicada, para permitir a reflexión no alumnado e sobretodo para construír un aprendizaxe adaptado ás necesidades do alumnado.
Un mestre de lingua extranxeira debe plantexarse os seguintes obxectivos:

  • Desenvolver o saber, o saber facer e o saber ser na/da lingua extranxeira
  • Remediar as necesidades indicadas
  • Darlle valor aos diferentes tipos de soportes como vídeos, canciones, contos...
  • Desenvolver o gusto pola lingua e a cultura escrita e oral
  • Valorizar aos estudantes en función das súas especialidades.
Penso que os obxectivos facilitan a tarefa do mestre en canto ao que pretende que os nenos/as aprendan e para acotar mellor o campo á traballar.

martes, 17 de septiembre de 2013

Variables dans la situation d´enseignement

Na aula pódense dar diferentes situacións no proceso de ensino dunha lingua.

Póde suceder a aprendizaxe precoz dunha lingua extranxeira como é no caso do inglés xa que, a normativa do ano 2007 obliga aos centros a ensinar este idioma aos nenos de 3 anos, dúas sesión á semana durante 25 minutos. Dáse o caso tamén nas escolas infantís onde se vai introducindo a lingua extranxeira a través do vocabulario con palabras que eles xa coñecen.

Outra metodoloxía que se pode dar unha aula é o ensino da lingua castelá como lingua extranxeira.

Por último, a metodoloxía que se pode aplicar á aprendizaxe dunha lingua é o ensino dunha materia integrada a unha lingua extranxeira como é o caso dos colexios bilingües e plurilingües.

Un factor que debe preocupar ao docente cando ensina unha lingua extranxeira é coñecer as características do seu alumnado: idade, lingua inicial e a situación familiar.

A idade é un dos factores máis importantes no aprendizaxe dun/a neno/a debido a que aprendemos diferente conforme van pasando os anos xa que se van sucedendo diferentes graos de madurez, desenvolvemento intelectual e capacidade de análise. Isto ten que ver co desenvolvemento do cerebro. Entendendo esta idea dividimos as idades segundo as súas características e capacidade de aprendizaxe dunha lingua:


  1. A idade ideal: 0 - 12 meses: É a mellor idade para a adquisición dunha lingua xa que é unha etapa o que dánse unhas capacidades excepcionales e unha riqueza perceptiva, o bebé pode chegar a discriminar unha grande cifra de sons e especialízase nos sons da súa lingua inicial, o sistema perceptivo fixa progresivamente estructuras sonoras simples e as conexións neuronais modifícanse. Porén é imposible reproducir un medio bilingüe familiar no seo do sistema educativo
  2. A idade gloriosa: 1 - 6 anos: Dáse a capacidade máxima de imitacióno que permite que aprenda rápidamente unha lingua e capacidades excelentes para restituír a prosodia dunha lingua extranxeira ou dunha lingua secundaria. A exposición dun neno/a a unha lingua extranxeira ou secundaria debe ser permanente.
  3. A idade crítica: É un periodo de reorganización perceptual. O neno pasa dun tratamento global a un tratamento analítico, a discriminación de contrastes non nativos é menos eficiente, o desenvolvemento  cognitivo esta moito máis avanzado o que permite a aprendizaxe máis rápida dunha lingua extranxeira, o neno/a é que de repetir longas secuencias, descubrimento consciente das reglas (coñecementos metalingüísticos).
  4. O umbral fatídico: aorredor  dos 10 anos: Consolidación progresiva da configuración cerebral o que produce a pérda da maneabilidade cerebral, pérda da plasticidade dos controis motores e procesos de imitación menos eficaces. todo isto provoca as seguintes consecuencias na aprendizaxe dunha lingua extranxeira:  o/a neno/a perde una grande cantidade da súa riqueza perceptiva e as realización fonéticas deterióranse. 
Ademais de todo isto existen algunhas diferencias notables entre o alumnado adulto (>11) e o alumnado máis xove(<11):

  • O alumnado  que pertence á etapa infantil non toma como referencia a súa lingua inicial mentres que o máis adulto sí
  • O alumnado de infantil ten como necesidade prioritaria o xogo e a comunicación, mentre que o alumnado máis adulto ten maior necesidade de seguir unha norma racional
  • No alumnado infantil é moi mportante o entorno socio-afectivo mentres que no alumnado adultoo contorno é secundario
  • No alumnado infantil desenvólvese mellor a desinhibición mentres que no alumando adulto a inhibición está máis presente
  • En idades tempranas non se dan os bloqueos cognitivos mentres sí que pasa en idades máis avanzadas
  • Os nenos pequenos non son conscientes das súas necesidades mentres que os adultos búscanas intencionalmente.
Outro apartado deste temario é a importancia de coñecer a estructura da  lingua inicial. É dicir, se é aglutinante (alemán, ruso, latín)(Palabras máis longas, importancia da morfoloxía) ou analítica(inglés, francés, galego)(Palabras máis longas, maior número de preposiciones e determinantes e importancia da sintaxe).
É importante coñecer este dato xa que dependendo da estructura da lingua inicial o suxeito terá máis falicidades para aprender un idioma ca outro.

Como reflexión final adentrámonos na importancia do concepto de erro xa que mostra o proceso de aprendizaxe, expresión dunha evolución e dunha transición. É importante saber guiar aos nenos en calquer proceso de aprendizaxe e ensinarlles a superar a frustación dos erros e que sonj importantes para aprender, nunca estigmatizalos xa que pódese dar un bloqueo cognitivo e a inhibición



martes, 10 de septiembre de 2013

Types de langues: réflexión de la classe. Ma Langue initial

No día de hoxe aprendimos as diferentes clasificacións que pode ter unha lingua. Xa sexa por contexto de adquisición, contexto dependendo do uso e repertorio lingüístico.

Dentro do contexto de adquisición podemos dividir as linguas segundo sexan:


    1. Lingua inicial: A que se aprende de forma inconsciente, antes da etapa escolar e de forma non intencionada. Sintentizando, é a lingua coa que se aprende a falar e a que se aprende co contacto dos proxenitores.
    2. Lingua secundaria: A máis importante despois da lingua inicial. apréndese na escola, na rúa e serve como lingua franca. Un/a neno/a pode aprender varias linguas secundarias.
    3. Lingua extranxeira:  É a que se aprende de forma intencionada, únicamente na escola e dunha forma consciente. Non se pode clasificar nin na lingua inicial nin na secundaria 
Outra clasificación posible é  segundo o contexto dependendo do uso:

  1. Lingua habitual; Lingua que emprega un locutor na maioría dos seus contextos. pode haber dos linguas habituais e non sempre a lingua inicial é a lingua habitual que é o caso dos inmigrantes
  2. Lingua de traballo: Lingua que constitúe o medio de comunicación dunha empresa supranacional, dun organismo interncional ou dun Estado. Por exemplo: Zara,Unión Europea...
  3. Lingua Franca (Langue véhiculaire): Lingua que serve como medio de comunicación entre dúas persoas que falan distintas linguas

En canto ao repertorio lingüístico falamos da importancia de coidar a nos linguaxe dependendo do contexto e da importancia de enriquecer o léxico dos nenos/as das nosas  clases e ensinarlles os diferentes contextos a través da didáctica de las lenguas:

  • FLM: didactique de la langue initial
  • FLS: Didactique de la langue seconde
  • FLE: Didactique de la langue étrangère
  • EMILE:  Enseigmente d´une matière intégrée à une langue étrangère
  • Français précoce: Apprentissage précoce del langues étrangères
  • FOS: Apprendissage d´une langue étrangère sur des fins spécifiques


Reflexión:


 Unha cousa curiosa que aprendín é que non é correcto empregar o termo "lingua materna" en vez de "lingua inicial" xa que, da a entender, que son as nais as que se encargan única e exclusivamente da adquisición da linguaxe do/a neno/a e que os pais quedan excluídos desta tarefa. É dicir, é un termo que non fomenta a diversidade e ao mesmo tempo é sexista. 
Unha pauta que debemos empregar cando redactemos unha enquisa de evaluación inicial das linguas destinada aos pais é que formulemos a pregunta sobre a lingua inicial deste xeito: "En qué lingua iniciou a súa aprendizaxe?" ou "Lingua inicial do neno" nunca *"Lingua materna" xa que pode dar lugar a confusión.

Esta primeira clasificación pareceume interesante xa que fíxome pensar sobre as linguas que  fun aprendendo ao longo da miña vida. Podo dicir que en canto á lingua incial son bilingüe xa que crieime tanto co galego coma co castelán indistintamente. Na miña casa sempre se falaron as dúas linguas. Miña nai falábame tanto en galego coma en castelán e meu pai soamente en castelán. Aínda así son máis castelán falante ca galego falante pero non teño problema en cambiar dunha lingua  a outra. Non me supón ningún tipo de dificultade.
Podo dicir con seguridade que o francés e o inglés son as miñas linguas extranxeiras, xa que as aprendín na escola, dunha forma consciente e intencional.

Dentro do apartado "contexto dependendo do uso" teño que dicir que o castelán é a miña lingua habitual dentro da maioría dos contextos da miña vida. Emprego esta lingua máis que o galego por que xa estou acostumada e tamén por seguridade xa que a maioría das veces non sei se a persoa coa que estou a falar sabe galego ou non. Moitas veces falo galego cos da miña casa e con amigos/as que sei que son galego falates ou que me entenden cando falo galego. Teño dúas linguas habituais pero unha emprégoa  máis cá outra.

Outra cousa que me chamou a atención foi saber qué son as linguas francas ou como se dí en francés "Langue véhiculaire". É aquela lingua que se emprega como medio de comunicación cando dous locutores falan linguas distintas, por exemplo: eu falo castelán e quero falar cunha persoa grega. Se ambos sabemos inglés, ese idioma é unha langue véhiculaire ou facer unha mistura de ambas linguas se sabemos un pouco de cada unha.