Dentro do contexto de adquisición podemos dividir as linguas segundo sexan:
- Lingua inicial: A que se aprende de forma inconsciente, antes da etapa escolar e de forma non intencionada. Sintentizando, é a lingua coa que se aprende a falar e a que se aprende co contacto dos proxenitores.
- Lingua secundaria: A máis importante despois da lingua inicial. apréndese na escola, na rúa e serve como lingua franca. Un/a neno/a pode aprender varias linguas secundarias.
- Lingua extranxeira: É a que se aprende de forma intencionada, únicamente na escola e dunha forma consciente. Non se pode clasificar nin na lingua inicial nin na secundaria
Outra clasificación posible é segundo o contexto dependendo do uso:
- Lingua habitual; Lingua que emprega un locutor na maioría dos seus contextos. pode haber dos linguas habituais e non sempre a lingua inicial é a lingua habitual que é o caso dos inmigrantes
- Lingua de traballo: Lingua que constitúe o medio de comunicación dunha empresa supranacional, dun organismo interncional ou dun Estado. Por exemplo: Zara,Unión Europea...
- Lingua Franca (Langue véhiculaire): Lingua que serve como medio de comunicación entre dúas persoas que falan distintas linguas
En canto ao repertorio lingüístico falamos da importancia de coidar a nos linguaxe dependendo do contexto e da importancia de enriquecer o léxico dos nenos/as das nosas clases e ensinarlles os diferentes contextos a través da didáctica de las lenguas:
- FLM: didactique de la langue initial
- FLS: Didactique de la langue seconde
- FLE: Didactique de la langue étrangère
- EMILE: Enseigmente d´une matière intégrée à une langue étrangère
- Français précoce: Apprentissage précoce del langues étrangères
- FOS: Apprendissage d´une langue étrangère sur des fins spécifiques
Reflexión:
Unha cousa curiosa que aprendín é que non é correcto empregar o termo "lingua materna" en vez de "lingua inicial" xa que, da a entender, que son as nais as que se encargan única e exclusivamente da adquisición da linguaxe do/a neno/a e que os pais quedan excluídos desta tarefa. É dicir, é un termo que non fomenta a diversidade e ao mesmo tempo é sexista.
Unha pauta que debemos empregar cando redactemos unha enquisa de evaluación inicial das linguas destinada aos pais é que formulemos a pregunta sobre a lingua inicial deste xeito: "En qué lingua iniciou a súa aprendizaxe?" ou "Lingua inicial do neno" nunca *"Lingua materna" xa que pode dar lugar a confusión.
Esta primeira clasificación pareceume interesante xa que fíxome pensar sobre as linguas que fun aprendendo ao longo da miña vida. Podo dicir que en canto á lingua incial son bilingüe xa que crieime tanto co galego coma co castelán indistintamente. Na miña casa sempre se falaron as dúas linguas. Miña nai falábame tanto en galego coma en castelán e meu pai soamente en castelán. Aínda así son máis castelán falante ca galego falante pero non teño problema en cambiar dunha lingua a outra. Non me supón ningún tipo de dificultade.
Podo dicir con seguridade que o francés e o inglés son as miñas linguas extranxeiras, xa que as aprendín na escola, dunha forma consciente e intencional.
Dentro do apartado "contexto dependendo do uso" teño que dicir que o castelán é a miña lingua habitual dentro da maioría dos contextos da miña vida. Emprego esta lingua máis que o galego por que xa estou acostumada e tamén por seguridade xa que a maioría das veces non sei se a persoa coa que estou a falar sabe galego ou non. Moitas veces falo galego cos da miña casa e con amigos/as que sei que son galego falates ou que me entenden cando falo galego. Teño dúas linguas habituais pero unha emprégoa máis cá outra.
Outra cousa que me chamou a atención foi saber qué son as linguas francas ou como se dí en francés "Langue véhiculaire". É aquela lingua que se emprega como medio de comunicación cando dous locutores falan linguas distintas, por exemplo: eu falo castelán e quero falar cunha persoa grega. Se ambos sabemos inglés, ese idioma é unha langue véhiculaire ou facer unha mistura de ambas linguas se sabemos un pouco de cada unha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario