Póde suceder a aprendizaxe precoz dunha lingua extranxeira como é no caso do inglés xa que, a normativa do ano 2007 obliga aos centros a ensinar este idioma aos nenos de 3 anos, dúas sesión á semana durante 25 minutos. Dáse o caso tamén nas escolas infantís onde se vai introducindo a lingua extranxeira a través do vocabulario con palabras que eles xa coñecen.
Outra metodoloxía que se pode dar unha aula é o ensino da lingua castelá como lingua extranxeira.
Por último, a metodoloxía que se pode aplicar á aprendizaxe dunha lingua é o ensino dunha materia integrada a unha lingua extranxeira como é o caso dos colexios bilingües e plurilingües.
Un factor que debe preocupar ao docente cando ensina unha lingua extranxeira é coñecer as características do seu alumnado: idade, lingua inicial e a situación familiar.
A idade é un dos factores máis importantes no aprendizaxe dun/a neno/a debido a que aprendemos diferente conforme van pasando os anos xa que se van sucedendo diferentes graos de madurez, desenvolvemento intelectual e capacidade de análise. Isto ten que ver co desenvolvemento do cerebro. Entendendo esta idea dividimos as idades segundo as súas características e capacidade de aprendizaxe dunha lingua:
- A idade ideal: 0 - 12 meses: É a mellor idade para a adquisición dunha lingua xa que é unha etapa o que dánse unhas capacidades excepcionales e unha riqueza perceptiva, o bebé pode chegar a discriminar unha grande cifra de sons e especialízase nos sons da súa lingua inicial, o sistema perceptivo fixa progresivamente estructuras sonoras simples e as conexións neuronais modifícanse. Porén é imposible reproducir un medio bilingüe familiar no seo do sistema educativo
- A idade gloriosa: 1 - 6 anos: Dáse a capacidade máxima de imitacióno que permite que aprenda rápidamente unha lingua e capacidades excelentes para restituír a prosodia dunha lingua extranxeira ou dunha lingua secundaria. A exposición dun neno/a a unha lingua extranxeira ou secundaria debe ser permanente.
- A idade crítica: É un periodo de reorganización perceptual. O neno pasa dun tratamento global a un tratamento analítico, a discriminación de contrastes non nativos é menos eficiente, o desenvolvemento cognitivo esta moito máis avanzado o que permite a aprendizaxe máis rápida dunha lingua extranxeira, o neno/a é que de repetir longas secuencias, descubrimento consciente das reglas (coñecementos metalingüísticos).
- O umbral fatídico: aorredor dos 10 anos: Consolidación progresiva da configuración cerebral o que produce a pérda da maneabilidade cerebral, pérda da plasticidade dos controis motores e procesos de imitación menos eficaces. todo isto provoca as seguintes consecuencias na aprendizaxe dunha lingua extranxeira: o/a neno/a perde una grande cantidade da súa riqueza perceptiva e as realización fonéticas deterióranse.
- O alumnado que pertence á etapa infantil non toma como referencia a súa lingua inicial mentres que o máis adulto sí
- O alumnado de infantil ten como necesidade prioritaria o xogo e a comunicación, mentre que o alumnado máis adulto ten maior necesidade de seguir unha norma racional
- No alumnado infantil é moi mportante o entorno socio-afectivo mentres que no alumnado adultoo contorno é secundario
- No alumnado infantil desenvólvese mellor a desinhibición mentres que no alumando adulto a inhibición está máis presente
- En idades tempranas non se dan os bloqueos cognitivos mentres sí que pasa en idades máis avanzadas
- Os nenos pequenos non son conscientes das súas necesidades mentres que os adultos búscanas intencionalmente.
É importante coñecer este dato xa que dependendo da estructura da lingua inicial o suxeito terá máis falicidades para aprender un idioma ca outro.
Como reflexión final adentrámonos na importancia do concepto de erro xa que mostra o proceso de aprendizaxe, expresión dunha evolución e dunha transición. É importante saber guiar aos nenos en calquer proceso de aprendizaxe e ensinarlles a superar a frustación dos erros e que sonj importantes para aprender, nunca estigmatizalos xa que pódese dar un bloqueo cognitivo e a inhibición
No hay comentarios:
Publicar un comentario